Monday 29 de April de 2024

Mozos e mozas da Baña participaron nunha ‘Incubadora de proxectos’


Un grupo de mozas e mozos da Baña participaron nunha xornada informativa para coñecer cómo se plasman ideas ou iniciativas en proxectos viables. Foi o que tamén se denominada Incubadora de Proxectos. A charla, que tivo lugar no Centro Social e da Terceira Idade da Baña, pretendía informar a os grupos de mozos e mozas de más de 30 anos que queiran solicitar proxectos á Iniciativa Xove 2015 da Xunta de Galicia, que acaba de abrir a convocatoria. Nesta xornada explicóuselles como se pode facer un pequeño proxecto das ideas que lles gustaría levar adiante. A Xunta financia con ata 4.000 euros este tipo de iniciactivas de mozos e mozas. A Baña xa puso en marcha dous proxectos en anos anteriores a través de Iniciativa Xove. A concelleira de Cultura, Alicia Blanco, asegura que “eses dous proxectos foron moi interesantes y tiveron moito éxito”. A Xunta apoia a través de Iniciativa Xove os proxectos liderados pola mocidade e nos que as persoas novas sexan os verdadeiros protagonistas.